O título que lle puxemos é MIRANDO AO CEO.
É un proxecto que xurdiu a raiz dos agasallos que nos deixaron os Reis Magos nas 6 escolas que xa vos presentamos:
En Pío XII, en Fonte Díaz, en Praia Xardín e na escola de Cruceiro deixaron uns paraugas negros con estrelas recordando o ceo de noite, e na escola de Outeiro deixaron un planetario que perite ver o ceo de noite.Iso motivou ao alumnado a facerse preguntas:
Por que os Reis Magos deixaron estes paraugas?
E o Planetario?
Que quixeron decirnos?
O caso é que suscitouse moita interese nas aulas a cerca das estrelas e por iso aproveitamos para traballar, durante o que queda de curso, as estrelas e todo o que hai no ceo.
Debaixo podedes ver os comezos do proxecto en algunhas escolas:
IDEAS DO NOSO ALUMNADO:
- O universo ten dentro planetas, sol, lúa e estrelas.
- Tamén está a vía láctea, os cometas, os meteoritos...
- Ademais tamén hai buratos negros e constelacións de estrelas.
- Os satélites sacan fotos aos planetas..
- Os astronautas van nos cohetes ao espacio exterior.
- Tamén hai platillos volantes e marcianos.
- Os marcianos viven en marte.
- Nas constelacións hai moitas estrelas.
- As estrelas nacen nunha nube.
- O sol é a estrela máis grande.
- Mercurio está cerca do sol.
- Os planetas xiran ao redor do sol e flotan
- O universo é infinito, nunca se acaba.
- O universo é moi grande porque ten moitas cousas dando voltas.
- O universo formouse por unha gran explosión que se chamou "Big-bang".
OS NOSOS DEBUXOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario