viernes, 4 de febrero de 2011

APAGA UNHA LUZ E ENCENDE UNHA ESTRELA

En todas as nosas escolas temos un Planisferio pequeno, moi pequeno; pero que permítenos ver sempre as estrelas e algún corpo celeste máis.
En todas as escolas estes Planisferios deixárono os Reis Magos como agasallo e por iso é que xurdiu a nosa curiosidade polas estrelas e o mundo celeste.
Na escola de Outeiro, que non o tiñan, recreárono os propios nenos e nenas porque tamén querían ter un Planisferio na aula e que lle permitise ver as estrelas SEMPRE.


DESCUBRIMOS QUE VALE PARA MÁIS COUSAS:









PERO.... SABEDES UNHA COUSA?

Non sempre podemos ver as estrelas, aínda que SEMPRE están ahí!

POR QUE NON AS VEMOS SEMPRE?

Xa sabemos que é porque o ceo non está despexado ou .....................

POLA CONTAMINACIÓN LUMÍNICA!!!

En moitas cidades e puntos do mundo hai LUMINARIAS (farolas, proxector o focos....) que debido a un deseño ou unha colocacion inapropiada deixan escapar boa parte da luz fora da zona que necesita ser luminada.
Tamén se hai un exceso de luz, soe facer reflexo no chan que reflicte no ceo, polo que interrumpe a nosa visión para ver as estrelas.

Poder ver o ceo iluminado por as estrelas é sen dúbida unha visión do resto do Universo do que formamos parte.

Está tan presente a contaminación lumínica na nosa vida diaria, que ata esquecémonos de mirar ao ceo polas noites, pois deixounos de chamar a atención.





No hay comentarios:

Publicar un comentario