miércoles, 2 de febrero de 2011

DICCIONARIO: MIRANDO AO CEO

Como ben sabes, neste curso, o noso proxecto de ciencias, titúlase :

“MIRANDO AO CEO”

Pretendemos investigar: o Universo, as galaxias, a Vía Láctea, as estrelas, os satélites,os meteoritos, o Sistema Solar, as constelacións, e todo o que vai xurdindo ao longo do proxecto.

A vosa colaboración é imprescindible. Imos facer un DICCIONARIO e tedes que ter en conta:
DICCIONARIO

Que servirá para definir as palabras que vaian xurdindo na clase, e que coa vosa axuda tentaremos comprendelas.

Cada neno ou nena, tratará de investigar información sobre unha palabra, xunto coa súa familia.

Despois explicará o significado ao resto dos compañeir@s da clase.

NORMAS DE UTILIZACIÓN

¬ A definición de cada palabra faise respostando a unhas preguntas que se indicarán no mesmo.

¬ ”Sacade o artista que levades dentro”. Procurade acompañalo cun debuxo, fotografías,.. invitámosvos a ser imaxinativ@s e creativ@s.

¬ O diccionario permanecerá unha semana en cada casa (de luns a luns). Non vos esquezades de traelo para que poida pasar por todas as casas.

O final de proxecto conseguiremos ter o NOSO DICCIONARIO DO UNIVERSO! e grazas a vosa axuda e a colaboración de todos os nen@s.

Por adiantado, MOITAS GRAZAS POLA VOSA IMPLICACIÓN.



O primeiro que imos investigar é sobre O UNIVERSO, a ver canta información e cousiñas traedes da casa coa axuda da vosa familias.ANIMO!


Estes son algúns dos traballos sobre o Universo que chegaron as nosas aulas:


No hay comentarios:

Publicar un comentario