Queremos que nos contedes historias sobre as estrelas.
Para isto, debedes sair, xunto cos vosos fillos e fillas para ....
MIRAR O CEO POLA NOITE
Despois de observalo inventade, xunto con eles, unha historia e escribídea nas páxinas que van a continuación.Tamén se teñen algún familiar (tí@, av@, padriño, madriña…) que coñeza algunha historia relacionada co tema, podédela escribir/reflictir.
Os relatos deben ir acompañados de fotografías, debuxos e todo aquelo que se vos ocorra.
O libro das estrelas tamén o levarán para as casas dous nen@s da clase cada semana. O libro teranno na casa unha semana (de luns a luns) para que o poidan facer con calma e como dependerá tamén do tempo ...
Lembrade de traelo para a aula, no tempo establecido para non romper a cadea e que tod@s os nen@s poidan levalo.
MOITAS GRAZAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario