Os desenvolvementos científicos e tecnolóxicos constitúen unha parte integral das nosas vidas. A etapa da Educación Infantil aparece nas vidas dos nenos no momento en que comezan a establecer un contacto, máis aló do puramente instintivo, cos fenómenos naturais. Por tanto, este tramo educativo debe constituir o primeiro paso cara a formación científica das persoas, e por iso levamos a Ciencia ás nosas aulas.
domingo, 26 de diciembre de 2010
domingo, 26 de septiembre de 2010
sábado, 25 de septiembre de 2010
BENVIDAS E BENVIDOS
Somos un grupo de mestras de Educación Infantil que desenvolvemos o noso traballo nesta etapa en centros públicos galegos.
O noso grupo chámase TORQUE e a través deste nome iremos reflictindo neste blog que acaba de "nacer" (despois de 3 anos traballando coas ciencias), as nosas experiencias nas distintas escolas nas que impartimos docencia.
De forma conxunta, en reunións semanais, programamos o noso traballo, analizamos novas propostas, intercambiamos as nosas experiencias, deseñamos actividades, actualizamos os nosos coñecementos e decidimos a nosa participación en proxectos e iniciativas educativas.
Nosotras somos:
Para levar a cabo as experiencias cos nenos/-as, temos en conta os seus coñecementos previos. O que se pretende é ensinar aos nenos e nenas a "aprender a aprender", a través da súa propia acción. Isto condúceos directamente a unha modificación dos seus esquemas de coñecemento, asegurando así, a construcción de aprendizaxes significativas, fundamentais para o seu desenvolvemento.
Ademais, dado que a actividade é a súa fonte de aprendizaxe, durante todo o proceso de aprendizaxe-aprendizaxe, motivamos aos alumnos/as para que se sintan atraídos cara os aspectos relacionados coas ciencias. Deste xeito conseguimos estimular a súa creatividade, a imaxinación e a observación, así como a acción e a experimentación. Todo isto é preciso para que os nenos e nenas expresen os seus intereses, descubran as relacións, as propiedades dos obxectos, etc.
Para favorecer isto, preséntanse as actividades cunha dificultade adaptada as súas posibilidades, xa que a motivación positiva e os pequenos logros diarios son fundamentais na metodoloxía empregada.

Silvia GONZÁLEZ VILARIÑO
Sandra OTERO LEMOS
Sandra REAL NIMO
Mª Fe TABOADA FERNÁNDEZ
Laura VALIÑO LEMOS
Mª Dolores VÁZQUEZ CAMINO
Mª Ángeles VIDAL LÓPEZ
O propósito deste blog é compartir as nosas experiencias no campo da Educación Infantil (3-5 anos), especialmente no que se refire á introducción da ciencia no aula.
O noso único obxectivo é educativo, non habendo intereses de ningún outro tipo.Os textos, informacións, materiais, debuxos, fotos,etc., que aparecen neste blog non teñen ningunha intención fora do marco educativo, e o seu uso por outras persoas, en calquera ámbito e medio, é da súa única e exclusiva responsabilidade.
Para levar a cabo as experiencias cos nenos/-as, temos en conta os seus coñecementos previos. O que se pretende é ensinar aos nenos e nenas a "aprender a aprender", a través da súa propia acción. Isto condúceos directamente a unha modificación dos seus esquemas de coñecemento, asegurando así, a construcción de aprendizaxes significativas, fundamentais para o seu desenvolvemento.
Ademais, dado que a actividade é a súa fonte de aprendizaxe, durante todo o proceso de aprendizaxe-aprendizaxe, motivamos aos alumnos/as para que se sintan atraídos cara os aspectos relacionados coas ciencias. Deste xeito conseguimos estimular a súa creatividade, a imaxinación e a observación, así como a acción e a experimentación. Todo isto é preciso para que os nenos e nenas expresen os seus intereses, descubran as relacións, as propiedades dos obxectos, etc.
Para favorecer isto, preséntanse as actividades cunha dificultade adaptada as súas posibilidades, xa que a motivación positiva e os pequenos logros diarios son fundamentais na metodoloxía empregada.
É o método científico o que nos guía nas propostas e actividades:
- Observar
- Preguntar
- Facer hipóteses
- Experimentar
- Experimentar
- Extraer conclusións
- Transmitir resultados
- Novos descubrimentos
1. Proposta e elección do tema
2. Motivación
3. Recollida de ideas previas
4. Facemos preguntas
5. Formulamos hipóteses
6. Fontes de documentación
7. Propoñemos experimentos
8. Extraemos conclusións
Suscribirse a:
Entradas (Atom)