domingo, 24 de julio de 2011

TRES, DOUS, UN... DESPEGUEN!

Despedimos o curso, e en consecuencia, o noso proxecto das estrelas; non o damos por pechado posto que non ten un fin, queda aberto a calquera opción.
Como colofón do proxecto, fixemos unhas esculturas tipo as de Alexandre Calder, pintor que xa coñecimos anteriormente, para agasallar as familias e agradecer a súa implicación e participación no mesmo. Así é como as fixemos, CON MOITO CARIÑO:





E este foi o resultado:





Nas nosas aulas tamén traballamos  ao final de curso algunhas astrónomas como HIPATÍA, ANTONIA FERRIN, PARIS PISMIS, FÁTIMA DE MADRID ...






Tamén fixemos un xogo interactivo sobre os Planetas, que nos sirveu non só para xogar senón tamén para observar os coñecementos que adquirimos:



E... fixemos un cohete espacial, co que despegamos cara as vacacións de verán:


QUE TEÑADES UNHA FELIZ VIAXE!!!
ATA O VOLTA!!!

domingo, 5 de junio de 2011

"BASURA ESPACIAL"

Seguimos investigando cousiñas do Universo, e atopámonos que no Espacio tamén o lixo É UN PROBLEMA, e coma nós estamos moi concienciados co coidado do Medio Ambiente e coa reciclaxe, interesámonos polo tema, e... descubrimos cousas:

Chámase basura espacial ou chatarra espacial a calquera obxeto artificial sen utilidade que orbita a Terra. Componse de cousas tan variadas como grandes restos de cohetes e satélites vellos, restos de explosións, ou restos de compoñentes de cohetes como po e pequenas partículas de pintura.
A basura espacial é un tema de preocupación que sen dúbida comezará pronto a tomar importancia.
Pese ao pequeno tamaño da maior parte dos fragmentos, as altas velocidades as que están sometidas, fan destes unha seria ameaza a cualquera misión que poida ser efectuada no futuro próximo.

Entre as medidas que se comezaron a tomar para evitar risgos encóntranse:
Estudio e medida de obxetos mediante radar, así como mediante telescopios ópticos.

Intento de reducir o número de obxetos que poidan convertirse en basura espacial.

Establecemento de acordos internacionais.

Esta é unha imaxe de como se percibe a basura espacial orbitando a Terra:



Así é como nos o debuxamos:




martes, 31 de mayo de 2011

ASTEROIDES E METEORITOS

Aquí vai a información dos Asteroides e Meteoritos que chegou a través dos Diccionarios Mirando ao Ceo:


E ... así é como traballamos os Asteroides e Meteoritos:

FIXEMOS DEBUXOS







VIMOS VIDEOS E FOTOS EN INTERNET SOBRE ASTEROIDES E CHOQUES DE METEORITOS



E DESPOIS DE VER OS VIDEOS FIXEMOS UN EXPERIMENTO
PARA ESO PRECISAMOS:

UN  RECIPIENTE:


FARIÑA


CACAO


E ... METEORITOS!!!
REPRESENTAMOS O CHOQUE DOS METEORITOS CUNHA SUPERFICIE SÓLIDA COMO PODEN SER OS PLANETAS OU OS SATÉLITES





 
E DESCUBRIMOS QUE DEIXAN "PEGADAS" COMO RESULTADO DO IMPACTO DOS METEORITOS COA SUPERFICIE:




 
ASÍ É COMO PODEMOS VER, POR EXEMPLO, A LÚA:


lunes, 23 de mayo de 2011

OS COMETAS

Continuando co noso Diccionario e tocounos investigar sobre os Cometas e esta é a información que recollimos nas distintas escolas:



Despois vimos videos sobre Cometas en Internet:







E agora que tiñamos todo máis claro, fixemos debuxos dun cometa tendo en conta as súas partes: