jueves, 20 de enero de 2011

AS NOSAS ESCOLAS

Hola benvidos a todos e a todas:
Somos o grupo de traballo TORQUE que está formado sete mestras de educación infantil. Aquí empezamos a nosa andaina con este blog, esperando que tamén continuedes con nós, e así poder chegar ao final do noso destino compartindo moitas aventuras con todos vós.

O primeiro será presentar a todas as compoñentes do grupo, asi como o seu alumnado para poder coñecernos todos e todas e poder ir vendo os traballos que se van facendo nas distintas escolas.

Imos empezar a nosa presentacion: eu son Dolores compoñente deste grupo. Traballo no C.E.I.P. Monte dos Postes de Santiago, este ano estou de mestra de apoio en infantil, e entón non teño unha titoria fixa, xa que dou clase en 3, 4 e 5 anos. Vou presentar a todas as miñas compañeiras e ao seu alumnado.



O primeiro centro é: C.E.I.P. PIO XII de Santiago. É un centro urban e participan no noso grupo dúas mestras deste centro, Angeles e Fè. As duas teñen unha titoria de 5 anos con 25 alumnos e alumnas , e o que van facer e presentarlos a todos.

Despois continuamos con dúas compañeiras que forman parte do C.R.A. de Rianxo:

A mestra Laura que está na Escola de Cruceiro, e ten 17 nenos de 3 e 4 anos ós que nos vai presentar deseguido.

E tamén Silvia que está na Escola de Outeiro, e ten 11 nenos de 3,4,5,6, e 7 anos, os que imos coñecer moi rapidiño.

Continuamos a nosa presentación co alumnado do C.P.I. Fonte Diaz de Touro, este é un centro de zona rural. Sandra ten un grupo de 20 nenos e nenas de 4 anos que están esperando para que os coñezades.

E para terminar, temos a nosa compañeira Sandra Real que está no C.E.I.P. Praia Xardín de Boiro con 25 nenos e nenas de 4 anos. Os seus alumnos e alumnas están xa cansos de esperar.

C.E.I.P "PIO XII"  5 ANOS A






C.E.I.P "PIO XII"  5 ANOS B

CRA DE RIANXO. ESCOLA DE CRUCEIRO 3 E 4 ANOS




CRA DE RIANXO.ESCOLA DE OUTEIRO 3,4,5,6 E 7 ANOS.


CPI FONTE DÍAZ - AULA DE 4 ANOS